Categorías

NON PASARÁN (ESTREA) na SALA ÁRTIKA EN VIGO

NON PASARÁN (ESTREA) na SALA ÁRTIKA EN VIGO

PÚBLICO ADULTO

Inicio del evento
  • Inicio: 23/11/2024
  • 20:00
Fin del evento
  • Fin: 24/11/2024
  • 20:00
Lugar del evento
  • Lugar: SALA ARTIKA (VIGO)
  • Direccion: AVENIDA BEIRAMAR 113, 36208 vIGO
  • Localización: Ver mapa

Nós, fillos e fillas das democracias forxadas despois da derrota dos fascismos no século XX, procedentes de clases traballadoras que vimos como os nosos pais e nais deixaban a pel por darnos unha educación que nos permitise unha posibilidade de ascenso social, sobrevivintes ás sucesivas crises que nos levaron a poñer en dúbida todo aquel soño dunha sociedade máis igualitaria, podemos observar como nos últimos anos o ascenso de discursos populistas de extrema dereita non deixan de aparecer ao longo do mundo, acadando cotas de poder inimaxinables hai só uns anos. Trump, Bolsonaro, Milei, Meloni…figuras case que semellan saídas dunha sorte de farsa entolecida pero que foron quen de convencer a unha enorme masa de votantes para que os levasen ao poder. 

O proxecto teatral "Non Pasarán" xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. Nun contexto marcado polo rexurdimento de ideoloxías autoritarias e o crecemento de movementos antidemocráticos, esta obra eríxese como un faro de resistencia e conciencia, destinado a iluminar as sombras do pasado e do presente. 

 

Cunha visión ambiciosa e un enfoque multidimensional, o proxecto establece unha serie de obxectivos claramente definidos que abarcan desde a sensibilización e a reflexión ata a acción e o compromiso. A través dunha combinación única de narrativa teatral, elementos de comedia cruel e drama absurdo, "Non Pasarán" busca non só entreter ao público, senón tamén desafiar as súas percepcións, estimular a súa imaxinación e mover os seus corazóns.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Tito Asorey

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Elenco: Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.

Deseño de iluminación: Laura Iturralde

Escenografía: Carlos Alonso

Produción: Anxo Fernández