Obras da nosa compañía de teatro en Vigo

Espectáculos da nosa compañía de teatro en Vigo

Coñece máis sobre os espectáculos de Ártika Cía

Na nosa compañía de teatro en Vigo temos omo obxectivo achegar ao espectador obras únicas, que transmitan emoción, sensibilidade e valores. Combinamos o arte teatral có simbolismo e as inquedanzas compartidas, unha mensaxe única que brindamos coma un preciado regalo.

Pouco a pouco a nosa oferta teatral vai medrando. A través da nosa web poderás atopar información sobre os espectáculos que desenvolvemos actualmente.

Por suposto, se tes algunha dúbida, podes contactar connosco para saber máis sobre nós ou calqueira das obras que atoparás a continuación.

Ártika Cía é creatividade, soños, ilusións. Sumérxete no noso mundo e redescobre o teatro a través dos nosos espectáculos.

 Coñece máis sobre as obras de Ártika Cía

Espectáculos activos

A Illa Deslembranza

A Illa Deslembranza

Dirixida por Manuel Mansilla

  • Martín Maez
  • Fernanda Barrio
  • Rocío Salgado
Mosca

Mosca

Escrita e dirixida por Gustavo del Río

  • Martín Maez
  • Fernanda Barrio
  • Rocío Salgado

A Illa Deslembranza

Sinopse

Onde rematan os recordos que non están ben amarrados?

Quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas e que non nos lembramos delas?

Os recordos da avoa de Uxía van e ceñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

Ver teaser1 Ver teaser2

Ficha técnica

Dirección: Manuel Mansilla

Autoría e dramaturxia: Martín Martínez

Intérpretes (por orde de aparición):

  • Branca: Fernanda Barrio
  • Uxía: Rocío Salgado
  • Xurxo: Martín Maez
  • Berni (títere): Martín Maez e Fernanda Barrio
  • Ostra sen perla (títere): Fernanda Barrio
  • Capitán Choco (títere): Martín Maez

Axudante de dirección: Marcos Alonso

Deseño e construcción escenográfica: Gustavo Brito

Música e espacio sonoro: Anxo Fernández

Deseño de iluminación: Javier Quintana

Deseño de vestuario: Fernanda Barrio

Responsable técnico: Marcos Alonso

Producción: Anxo Fernández

Xénero: Teatro de actores e títeres

Duración: 50 minutos

Mosca

Sinopse

Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo.

A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sobre acoso escolar.

Pedro vese reflectivo nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza.

Anguriante e intensa, Mosca somérxese na vida dun neno e que é o que este sinte sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e o non saber que facer e como pode solucionalo e entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola.

A impotencia do non saber que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso.

Ártika Cía quere seguir investigando con temas que son puco visibles cunha aposta que parte dun texto de Gustavo Del Río para levar á escena realidades que son moi próximas pero das que debemos continuar expoñendo.

Ver teaser1 Ver teaser2

Ficha técnica

Dirección e autoría: Gustavo del Río

Intérpretes

  • Fernando Barrio
  • Martín Maez
  • Rocío Salgado

Deseño e realización escenográfica: Gustavo Brito

Deseño de iluminación: Javier Quintana

Xénero: Drama

Duración: 60 minutos

Queres saber máis sobre as obras da nosa compañía teatral en Vigo?

Non dubides en contactar connosco. En Ártika Cía contestaremos todas as túas dúbidas. Estamos a túa disposición!