Categorías

PUM! PUM! QUEN HAI? en Redondela

PUM! PUM! QUEN HAI? en Redondela

PÚBLICO FAMILIAR

Inicio del evento
  • Inicio: 10/11/2024
  • 18:00
Lugar del evento
  • Lugar: Auditorio da Xunqueira
  • Direccion: Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra
  • Localización: Ver mapa

Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha comedia teatral que nos introduce na vida de Gaia, unha nena espelida que nos guía a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, Gaia desafía os segredos das portas veciñas, enredando a todos nunha aventura de risas e revelacións. Cando aparecen novos e misteriosos veciños, o pobo enfróntase aos seus medos cunha serie de equívocos cómicos que nos lembran a importancia da aceptación e a diversidade. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha celebración da comunidade e a curiosidade, perfecta para toda a familia. 

FICHA ARTÍSTICA

“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación  colectiva de Ártika cia.

En escena: 

Rocío Salgado como Gaia, 

Fernanda Barrio como a tía Maruxa

Marcos Alonso como Don Ramón.

Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.

Espazo sonoro:  Jonathan Caramés  e Anxo Fernández

Coreografías: Rocío Salgado.

Deseño de iluminación: Anxo Fernández

Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado

Agradecementos:

A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.

Ao concello da Rúa e á Sala Ártika