"Pum! Pum! Quen hai?" é unha obra vibrante e chea de cor que mergulla aos espectadores na vida na aldea onde cada día é un xogo. Gaia, a protagonista, guía ao público a través dos xogos e segredos das portas do seu pobo. Cando aparecen novos veciños misteriosos a obra desvela unha serie de equívocos cómicos que destacan a importancia da aceptación e a diversidade. Esta produción, cun profundo arraigo cultural e un enfoque en temas sociais actuais, convida a rir e reflexionar a toda a familia.
Venda de entradas aquí
FICHA ARTÍSTICA
“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación colectiva de Ártika cia.
En escena:
Rocío Salgado como Gaia,
Fernanda Barrio como a tía Maruxa
Marcos Alonso como Don Ramón.
Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.
Espazo sonoro: Jonathan Caramés e Anxo Fernández
Coreografías: Rocío Salgado.
Deseño de iluminación: Anxo Fernández
Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado
Agradecementos:
A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.
Ao concello da Rúa e á Sala Ártika