Categorías

PUM! PUM! QUEN HAI? no Teatro do Andamio (A Coruña)

PUM! PUM! QUEN HAI? no Teatro do Andamio (A Coruña)

PÚBLICO FAMILIAR

Inicio del evento
  • Inicio: 22/09/2024
  • 12:00
Fin del evento
  • Fin: 22/09/2024
  • 18:00
Lugar del evento
  • Lugar: Teatro do Andamio
  • Direccion: Rúa Alcalde Suárez Ferrín, 10, 15011 A Coruña
  • Localización: Ver mapa

"Pum! Pum! Quen hai?" é unha obra vibrante e chea de cor que mergulla aos espectadores na vida na aldea onde cada día é un xogo. Gaia, a protagonista, guía ao público a través dos xogos e segredos das portas do seu pobo. Cando aparecen novos veciños misteriosos a obra desvela unha serie de equívocos cómicos que destacan a importancia da aceptación e a diversidade. Esta produción, cun profundo arraigo cultural e un enfoque en temas sociais actuais, convida a rir e reflexionar a toda a familia.

 

Venda de entradas aquí 

 

FICHA ARTÍSTICA

“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación  colectiva de Ártika cia.

En escena: 

Rocío Salgado como Gaia, 

Fernanda Barrio como a tía Maruxa

Marcos Alonso como Don Ramón.

Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.

Espazo sonoro:  Jonathan Caramés  e Anxo Fernández

Coreografías: Rocío Salgado.

Deseño de iluminación: Anxo Fernández

Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado

Agradecementos:

A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.

Ao concello da Rúa e á Sala Ártika